Comprácenos darlle a benvida ao sitio web do Centro Galego de Barcelona. Dende o ano 1892 a nosa institución mantén o firme compromiso de manter a identidade galega e proxectar a cultura de Galicia en Cataluña, desenvolvendo actividades de divulgación da idiosincrasia, cultura e costumes galegas entre os nosos socios, as novas xeracións e o público en xeral.
Este portal nace no marco do proxecto GaliciaAberta, comunidade virtual da emigración da que formamos parte. Aquí poderá atopar información sobre a nosa historia e a situación das nosas instalacións. Para estar ao día das actividades do CGB, recomendámoslle a visita á nosa web oficial CGB.cat.
Se desexa enviarnos calquera consulta, dúbida ou suxestión poderá facelo a través do enderezo info@cgb.cat.