A biblioteca Otero Pedrayo do CGB está especializada en temas galegos: literatura, historia, xeografía, tradicións populares, música, guías de Galicia, bibliografía sobre o Camiño de Santiago, xeoloxía e economía, entre outro.
A biblioteca recibe diariamente prensa galega e prensa catalana, así como o Diario Oficial de Galicia e o Boletín do Parlamento de Galicia (en versión impresa). Tamén se reciben periodicamente algunhas revistas galegas e de asociacións.
Para consultas on-line do catálogo: diríxanse á seguinte páxina web
O catálogo está en construción. Se non atopa o seu libro envíe un e-mail ao seguinte enderezo: biblioteca@cgb.cat
Horario
Lectura de xornais
Libre acceso no horario de apertura do Centro Galego de Barcelona.
Empréstito e consulta
Sábado de 17 h. a 21 h.
Ademais, para consulta en grupo (estudantes, persoas que preparan o Camiño de Santiago…), póñanse en contacto coa secretaría do Centro Galego de Barcelona.
Usuarios
Socios e estudantes de Filoloxía Galega na Universitat de Barcelona
Consulta en sala e empréstito.
Outros usuarios
- Estudantes universitarios.
- Estudantes de ensino secundario que precisan información sobre Galicia.
- Persoas interesadas en temas galegos.
- Persoas que preparan o Camiño de Santiago.
Consulta en sala.
Prazo do empréstito
15 días. Pódese renovar por outros 15 días chamando por teléfono ou escribindo un correo electrónico ao Centro Galego indicando o nome do usuario e o título do libro.