Como facerse soci@

O Centro Galego de Barcelona é unha asociación sen ánimo de lucro que ofrece actividades e prestacións gratuítas para @s soci@ (cursos, empréstito de fondos da Biblioteca, información das actividades por correo postal…).

Se queres contribuír a manter a actividade cultural galega no Centro de Barcelona, ou dispor dun espazo de encontro e lecer, asóciate .

Facerse soci@ é moi sinxelo:

  1. Enche o formulario que podes solicitar por email ou recoller no centro.
  2. Trae dúas fotos
  3. Paga a primeira cota