O CGB combina o desenvolvemento dunha programación sociocultural (concertos, teatro, conferencias, festas…) coa organización de cursos e talleres de diversas disciplinas. A música, a danza, o teatro e a lingua galega son as principais liñas de acción formativa.
Ademais, forman parte desta institución varios grupos, como son o coro Lonxe da Terra, o grupo de pandereteiras Gandarela e a banda de gaitas Avoengo, entre outros.