O Centro Galego de Barcelona adoita organizar durante o curso lectivo aulas de aprendizaxe de lingua galega.  Os contidos dos cursos permítenlle ao alumnado prepararse para a obtención dos Certificados de Lingua Galega (CELGA), que acreditan oficialmente o nivel de coñecemento do idioma. Poden informarse sobre inscricións e horarios na recepción do propio centro, ou solicitando os datos por correo electrónico.

Os cursos institucionais de Lingua e Cultura Galegas no Centro Galego de Barcelona empezaron en 1990. A continuidade dos cursos ao longo destes anos constitúe un fito salientable non só desde o punto de vista cuantitativo, senón tamén cualitativo, pola importancia que a lingua adquire no mantemento da Galeguidade no exterior.

A introdución das aulas de Lingua e Cultura Galegas no CGB non sería posible sen a colaboración de moitas persoas e institucións, dende as diferentes xuntas directivas que se foron sucedendo dende o ano noventa, ata o profesorado galego das universidades catalás e a propia Xunta de Galicia.