Actuacións destacadas e gravacións

.::1950::.

Maio: Festa das Letras Galegas, no Teatro Poliorama, adiantando o que 13 anos máis tarde nacería co nome Día das Letras Galegas.

.::1950::.

Setembro: Poble Espanyol, Barcelona.

.::1951::.

Maio: rodaxe e doblaxe da película Niebla al sol.

.::1956::.

Febreiro: Palau de la Música, Barcelona.

.::1962::.

Xullo: Intervención na ópera Maruxa (A. Vives), no Gran Teatro Griego, de Montjuïc Barcelona.

.::1972 ::.

Gravación do disco sinxelo La Habanera en el folklore gallego.

.::1974::.

Abril: Actuación na inauguración dos voos da compañía Iberia entre Santiago e Barcelona.

.::1978::.

Maio: Gravación do disco Cantares da miña terra (L.P. Olimpo, 1978) L-633-A. Dep. Leg: B.7772/78.
Novembro: Intervención na ópera Maruxa (A. Vives), no Gran Teatre del Liceu, Barcelona.

.::1981::.

Decembro: Grande concerto, xunto con outros grupos corais, no Palau de la Música Catalana, de Barcelona

.::1997::.

Abril: 1ª Xuntanza de Coros Galegos de Catalunya, participando activamente na organización das sucesivas edicións deste festival, e na constitución da Coordinadora Coral Galega de Catalunya

Actuacións periódicas fixas

Concerto de despedida de Nadal (en decembro)
Xuntanza de Coros Galegos de Catalunya (en maio ou xuño)
Concerto de despedida de curso (xuño)
Misa do Apóstolo Santiago (Catedral de Barcelona en xullo)