Historia do grupo
O cadro escénico xurdiu cando o primitivo Coro Escénico Lonxe da Terra separou a súa actividade escénico-musical, dando lugar ao Cadro Escénico Lonxe da Terra.
O grupo pasou por diversas épocas, representando en castelán e galego ata 1977 e, a partir dos oitenta, en galego, agás contadas excepcións. Na década dos 80 a actividade teatral no Centro Galego mingua, sen embargo, canda Lonxe da Terra, aparece un novo grupo, interesado polo teatro experimental e de rúa, Terceiro Andar, que dirixían X.A.M. e Anxo Baranga. Na década dos noventa o grupo recupera a súa vitalidade característica.
Entre as moitas pezas representadas cómpre salientar, polo seu interese histórico, dúas: A cántigas das Cántigas e mais El canto de la cigarra (1960), tradución e posta en escena de Manuel Casado Nieto, presidente do Centro Galego de Barcelona, fora preparada para se estrear na cripta do Palau de Pedralbes mais a visita de Álvaro Cunqueiro ó Centro Galego adiantou a data prevista e, para agasallar ao escritor mindoniense, representouse na sala de actos do Centro Galego. A protagonista, Carmiña Quintana, logo gozou dunha bolsa na Scala de Milán. Pola súa banda, El canto de la cigarra (1966) acadou todos os premios do concurso de Casas Regionales desde ano.
Entre os directores do cadro escénico cómpre salientar: Fernando Giménez, Juan Seguí Biern, José Manuel Río e Francisco A. Ferrío (este último dálle nome á sala de actos do Centro Galego desde as reformas feitas en 2001).
Na actualidade, as actividades teatrais do Centro Galego de Barcelona están a cargo da Agrupación Teatral Furafollas. Máis información, nos taboleiros do Centro Galego de Barcelona e na páxina oficial do CGB.