O grupo de pandeireteiras creouse no ano 1996 e recolle unha das tradicións máis relevantes da música tradicional galega: a pandeireta e o canto.
Este xénero ten a súa orixe nunhas festas de inverno, as ruadas ou fiadeiros, que se celebraban despois do duro traballo do liño. Nos fiadeiros, todo o mundo, pero especialmente as mulleres, collían a súa pandeireta, ou calquera trebello como instrumento, e cantaban para acompañar as diferentes danzas.
Outra peculiaridade do xénero é que as pezas que se interpretan se recollen polas aldeas e vilas a partir da información que proporciona a xente maior que cantaba e tocaba. Así, as muiñeira, xotas, danzas e ruadas que figuran no repertorio das pandereteiras son pezas recollidas de informantes por toda a xeografía galega.
Conta no seu repertorio, con pezas con arranxos de gaita e tamén con temas que utilizan outros instrumentos de percusión como as pandeiras, culleres, lata de pemento, pandeiros, etc.